Participa no proceso de selección da imaxe de marca da Rede de Pobos do Surf
Luns 22 de abril do 2024
A Rede de Pobos do Surf é unha plataforma colaborativa para xestionar o turismo de surf de maneira sustentable, co obxectivo de preservar o entorno natural e destacar as características únicas de cada localidade participante.
A rede confórmana os concellos integrantes da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e os Concellos de Carballo (Galicia), Castrillón (Asturias), Ribamontán al Mar (Cantabria) e Getxo (Euskadi).
Esta iniciativa pertence ao «Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia -Financiado pola Unión Europea– NextGenerationEU», a través do Programa “Experiencias Turismo España” convocado polo Ministerio de Industria y Turismo do Goberno de España.
Unha das primeiras accións desta rede é a de crear unha imaxe corporativa que represente o espírito desta colaboración e os valores dos destinos turísticos que forman parte dela. De acordo cos principios que definen os fondos NextGenerationEU, este proceso debe desenvolverse de forma participativa de maneira que os principais actores e a cidadanía en xeral se encontren involucrados nos resultados.
Para poder participar na escolla da identidade gráfica definitiva da marca, fai click na imaxe ou no seguinte enlace. O proceso está aberto dende o 22 de abril a partir das 9:30 da mañá ata o 5 de maio.