Inicio Carballo ao día Novas As obras da travesía de Sísamo...

As obras da travesía de Sísamo completarán os 1.760 metros desde a zona urbana de Carballo ata o lugar do Outeiro

O alcalde e o concelleiro de Mobilidade achegáronse ata o punto de inicio dos traballos, que supoñen un investimento de 2,2 millóns de euros

Xoves 11 de abril do 2024

Juan Seoane e Evencio Ferrero visitaron hoxe as obras

Juan Seoane e Evencio Ferrero visitaron hoxe as obras

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, achegáronse ata as obras de reurbanización da travesía de Sísamo, que parten do punto quilométrico 0+810, onde rematou a fase anterior, e continúan ata o final da vía no lugar do Outeiro (2+570). Ao longo destes 1.760 metros levarase a cabo unha actuación que permitirá mellorar e completar as infraestruturas de abastecemento e saneamento de auga, tanto no tramo máis urbano coma no rural, e adaptar á vía á mobilidade a un ou dous niveis, dependendo da zona.

A reforma integral deste treito da estrada provincial DP1901 ten un orzamento de 2.279.527,63 euros, financiados nun 72% pola Deputación da Coruña e nun 28% polo Concello. As obras son executadas pola empresa Vázquez y Reino.

Os traballos seguirán a mesa liña das fases anteriores: ancheamento e pavimentación da plataforma, construción de beirarrúas de baldosa hidraúlica cun ancho medio de 1,40 metros e dotación de servizos urbanos como saneamento e abastecemento de auga e alumeado con luminarias de LED de acero inoxidable. Tamén inclúen a instalación de mobiliario urbano e o axardinamento.

Compartir: