Inicio Carballo ao día Hemeroteca Concedidas licenzas para a construcción de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Concedidas licenzas para a construcción de dous novos edificios en Carballo

Luns 11 de decembro do 2006

A Xunta de Goberno Local procedeu, ademáis, á aprobación das certificacións únicas da obra ‘Afirmado de camiños en Razo’, por importe de 44.540,83 euros, da obra ‘Afirmado de camiño de San Sadurniño a Cornaces’, por importe de 56.496 euros, da obra ‘Medidas preventivas para evitar a erosión dos taludes da praia de Razo’, por importe de 49.246,79 euros, e da obra ‘Melloras nas zoas costeiras de Razo e Baldaio’, por importe de 59.000 euros. A sesión completouse coa aprobación do convenio de colaboración para o apoio á mellora e adaptación das áreas de xogo infantís municipais, entre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e o Concello de Carballo, a aprobación do expediente de contratación da obra ‘Beirarrúas en Ardaña’ e a aprobación do programa do Nadal Cultural 2006 do Concello de Carballo, que será presentado nos próximos días. Aprobouse, ademáis, a participación do Concello de Carballo no Premio de Novela Longa en Lingua Galega Eduardo Blanco Amor. Neste certame, de carácter municipalista, participan máis de 50 concellos galegos, recaendo cada ano a organización nun deles. No ano 2006, a organización da XXV edición deste premio correspóndelle ao Concello de Cedeira.

Compartir: