Aberto do 3 de abril ao 3 de maio o prazo de solicitude de axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e do CMUS
Mércores 3 de abril do 2024
O Concello de Carballo convoca as axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de grao elemental ou profesional no Conservatorio Profesional de Música de Carballo correspondentes ao curso 2023/24.
- É requisito indispensable que a beneficiaria/o e, cando menos, un dos proxenitores estea empadroado co beneficiario/a no termo municipal de Carballo.
- Poderán optar a unha axuda aqueles/as solicitantes cuns ingresos familiares anuais que non excedan as cantidades que se recollen na táboa seguinte segundo o número de membros computables da familia.
MÁXIMO DE INGRESOS FAMILIARES ANUAIS
- Familias de 2 membros computables 23.898 €
- Familias de 3 membros computables 32.437 €
- Familias de 4 membros computables 38.519 €
- Familias de 5 membros computables 43.052 €
- Familias de 6 membros computables 46.475 €
- Familias de 7 membros computables 49.858 €
- Familias de 8 membros computables 53.224 €
Os ingresos calcularanse por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF). Os membros que presentasen Declaración do IRPF de 2022, sumarán os recadros 435 (base impoñible xeral) e a 460 (base impoñible do aforro), cando non se presentase teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT.
PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO 3 DE ABRIL AO 3 DE MAIO DE 2024 INFORMACIÓN E CONSULTA DE DÚBIDAS
- No enderezo electrónico culturacarballo@carballo.gal
- De 11.00 a 12.30 h de forma presencial no Pazo da Cultura ou telefonicamente nese mesmo horario no 981 704 300.
A través da sede electrónica https://sede.carballo.gal/
Nos rexistros:
- Rexistro Xeral do Concello de Carballo 981 704 100
- Rexistro auxiliar de Cultura de 10.30 h a 12.30 h 981 704 300
- Rexistro auxiliar Servizos Sociais 981 704 706
- Rexistro auxiliar Deportes 981 702 109
- Rexistro auxiliar Fórum 981 709 010
- Modelo normalizado de solicitude con todos os epígrafes cubertos e asinados
- Copia do libro de familia ou certificado literal de nacemento
- DNI ou NIF provisional da persoa beneficiaria
- Xustificante de titularidade onde constará nº de conta (co IBAN) a nome da persoa beneficiaria ou solicitante da axuda.
- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a beneficiario/a.
Pódese descargar na páxina web do Concello http://www.carballo.gal ou fisicamente no Pazo da Cultura.