Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello procede á colocación de...

SERVIZOS

O Concello procede á colocación de mobiliario urbán na travesía principal

Martes 5 de decembro do 2006

Concretamente, o Concello colocará 13 bancos, 8 sillas, 9 papeleiras e 12 xardiñeiras, elementos que complementarán aos xa existentes na actualidade. O novo mobiliario urbán posibilitará disfrutar aos veciños e visitantes de máis servizos, ademáis de facer máis atractiva a travesía principal da localidade. A colocación das novas papeleiras contribuirá tamén ao obxectivo de manter limpas as rúas de Carballo. Con esta nova actuación conséguese, ademáis unha armonía co mobiliario colcado nas rúas Coruña e Hórreo con anterioridade.

Compartir: