Inicio Carballo ao día Novas A ponte da Milagrosa permanecerá pechada...

CONSULTA AQUÍ AS RUTAS ALTERNATIVAS

A ponte da Milagrosa permanecerá pechada ao tránsito rodado e peonil a partir do mércores 6 de marzo

Martes 5 de marzo do 2024

Rotonda provisional no cruce da avenida da Milagrosa con Río Miño

Rotonda provisional no cruce da avenida da Milagrosa con Río Miño

As obras de reforma da ponte da Milagrosa e de creación dunha canle de augas altas nese punto, incluídas no plan de xestión do risco de inundación nas beiras do Anllóns, obrigan a pechala ao tráfico rodado e peonil a partir do mércores 6 de marzo. O corte manterase durante varios meses, polo que desde a Concellaría de Mobilidade de Carballo tense elaborado un plan de tráfico con todas as rutas alternativas e a Policía Local reforzará a súa presenza nos principais cruces coa finalidade de orientar tanto a condutores como a peóns durante os primeiros días. 

Nos primeiros días desta semana procedeuse á colocación dos sinais informativos e tamén se instalou unha rotonda provisional na avenida da Milagrosa, no cruce coa rúa Río Miño, que será unha das que absorberá boa parte do tráfico rodado xunto on Santa Ana, que vén de ser acondicionada nos últimos días. 

Tráfico pesado

O tráfico pesado supón un problema diario pola falta de alternativas como unha circunvalación. O peche da ponte da rúa do Sol suporá a prohibición total de entrada de vehículos de máis de 5T na zona urbana, agás aqueles que se dirixen á avenida de Razo, por non dispoñer doutra opción, e dos autorizados para carga/descarga ou transporte público. Os percorridos propostos para o tráfico pesado son:

  • DP1905/DP1914 - Rotonda da Milagrosa – Av. Fisterra – Av. Revolta – AG-55
  • Polígono – AG-55 – Av. Revolta – Av. Fisterra – Av. Milagrosa – Rotonda Milagrosa- DP1905/DP1914
As alternativas xa foron comunicadas á Dirección Xeral de Tráfico para que se inclúan nos dispositivos de navegación e os condutores sexan redirixidos mesmo antes de entrar na zona urbana.

Tráfico de turismos e furgonetas

Permítese a circulación en casco urbano pero deséñanse os seguintes percorridos para redirixir o tráfico de paso polas vías de maior capacidade: 

  • Os vehículos procedentes de DP1905 e DP1914 dirixiranse cara Av. Milagrosa – Río Anllóns – Av Fisterra – Vicente Risco – Luis Calvo- Perú (rotonda Ponte da Pedra).
  • Os vehículos procedentes de Vila de Negreira ao chegar á rotonda dirixiranse por rúa Sol (os que vaian cara Malpica) e por Santa Ana, San Martiño, Río Miño para os que se dirixan cara DP 1905/DP1914.
  • Para evitar o colapso do cruce Río Miño/San Martiño prohibirase a entrada de vehículos procedentes da Av. Milagrosa en Río Sil e Río Miño e modificarase o cruce de Río Miño con San Martiño obrigando ós vehículos procedentes de Río Miño a xirar cara o San Martiño, priorizando o tráfico procedente de rúa Santa Ana.
  • No cruce de Río Anllóns con Río Miño prohíbense os xiros á esquerda tanto para os vehículos procedentes de Río Anllóns coma para os procedentes de Río Miño. Así mesmo, instalarase unha rotonda provisional na Av. da Milagrosa na confluencia con Río Miño para mellorar a fluidez do tráfico de saída de Río Miño. 

Autobuses

a) Os procedentes de DP1905 e DP1914 deben redirixirse cara a estación de autobuses e dende alí cara o centro de saúde por Luis Calvo - Perú. O regreso será pola mesma vía.  
b) Río Anllóns, Santa Ana e Sol  

As empresas de transporte que operan no concello xa foron informados sobre as alternativas segundo as rutas a realizar, con especial incidencia no transporte escolar.   

Peóns

O corte da ponte da Milagrosa tamén vai supor a falta de conexión de parte do barrio co centro urbano. Un dos nexos será a ponte do San Martiño, pero tamén se acondicionarán e sinalizarán os pasos polas rúas Costureiras e Manuel Barreiro.Desde o Concello de Carballo agradecemos a paciencia e a colaboración da veciñanza. Agardamos que o desenvolvemento das obras sexa rápido e que a coincidencia dos traballos nas pontes da rúa Sol e da Casilla sexa o menor tempo posible.

Compartir: