Inicio Carballo ao día Novas Toma de posesión de 22 traballadores/as...

Toma de posesión de 22 traballadores/as municipais

Xoves 29 de febreiro do 2024

Hoxe tomaron posesión dos seus cargos un total de 22 traballadores e traballadoras municipais tras rematar os procesos selectivos correspondentes á Oferta de Emprego Público (OEP) 2022 Extraordinaria ou de Estabilización. Os nomeamentos corresponden aos seguintes postos: 

  • Oficial de mantemento de instalacións deportivas
  • Monitores/as socorristas (8)
  • Coordinador de actividades acuáticas
  • Operario
  • Oficial de mantemento de colexios
  • Oficial tractorista
  • Monitoras culturais (3)
  • Técnica auxiliar de patrimonio
  • Delineante
  • Técnica de aperturas da Oficina Técnica Municipal
  • Coordinador de instalacións deportivas
  • Técnico de deportes
  • Arquitecta
O alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Persoal, Belén Lendoiro, asistiron ao acto xunto co secretario municipal, Miguel Piñeiro. Tamén se achegaron ata o salón de plenos compañeiros e compañeiras do persoal nomeado.

Compartir: