Inicio Carballo ao día Novas Aberto ata o 22 de marzo o prazo para participar...

Aberto ata o 22 de marzo o prazo para participar no XXVI Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Xoves 15 de febreiro do 2024 Cultura

Premiados/a na edición do 2023

Premiados/a na edición do 2023

Ata o 22 de marzo está aberto o prazo de inscrición para o XXVI Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. As bases non varían con respecto a edicións anteriores. Estes son algúns dos aspectos máis salientables:

  • Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras.
  • As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre.
  • Os traballos fotográficos que se presenten ao certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes. As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso nin ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames.
  • As dimensións da obra fotográfica estarán comprendidas entre 25 x 35 cm como mínimo e 40 x 50 cm como máximo. Presentaranse montadas sobre cartón pluma ou soporte similar ríxido (cun grosor mínimo de 3 mm).
  • Cada fotografía deberá vir acompañada ou ben do negativo ou ben do soporte informático en formato JPEG ou TIFF da obra presentada.

Premios

  • 1º premio: 1.500 € e diploma.
  • 2º premio: 750 € e diploma, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz.
  • Premio Especial Carballo á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos: 500 € e diploma (as obras presentadas ao Premio Especial Carballo tamén optarán ao resto de premios), patrocinado por Interfilm Carballo.
  • Accésits: 300 €.

Participación

As obras presentadas ao Certame deberán gardar o anonimato do seu autor ou autora, e presentaranse sen sinatura e baixo un lema ou pseudónimo identificativo.

Pola parte traseira do soporte da fotografía figurará o pseudónimo do/a autor/a, o título da obra, as indicacións do lugar onde foi tomada, a data na que se realizou e as técnicas empregadas e, se o/a autor/a o considera preciso, indicará a verticalidade ou horizontalidade da imaxe fotográfica.

É imprescindible que as obras que queiran optar ao Premio Especial Carballo o indiquen na parte traseira do soporte. Cada fotografía deberá ir acompañada dun sobre pechado que se pegará na súa parte traseira. Na parte externa do sobre figurará o nome da fotografía e o pseudónimo empregado. No seu interior conterá a seguinte documentación:

  • Fotocopia do documento nacional de identidade do/a autor/a.
  • Solicitude de participación na que conste o pseudónimo empregado, título e lugar e data da toma da/s fotografía/s.
  • Datos persoais do/a autor/a: nome completo, enderezo válido para os efectos de recibir notificacións, teléfono, correo electrónico, etc.
  • Declaración asinada para aceptar expresamente as bases e condicións do Certame, garantindo que a obra non se atopa pendente de resolución de ningún outro Certame e que o autor/a ten, directa ou indirectamente, a libre disposición de todos os dereitos de explotación nas súas diferentes modalidades sobre a obra.
Podedes consultar as bases íntegras máis abaixo.

Descargas

Compartir: