LECER
Inaugurada a pista de xeo no San Maritño
Venres 1 de decembro do 2006
César García, de Creativa Dixital, manifestou na presentación que "a instalación da pista de xeo era un reto moi grande, sobre todo este ano. Tivemos que chamar a moitas portas e agora esperamos que toda a Costa da Morte disfrute desta pista, a máis bonita de toda Galicia seguro". O concelleiro de Industria e Comercio, Francisco Pérez, engadiu que "coa instalación da pista de xeo por segundo ano conseguimos crear un referente. Estou seguro de que esta idea fructificou e a súa ubicación, máis cómoda e máis céntrica, axudará aos obxectivos do ocio e o negocio para Carballo". A delegada provincial de Cultura e Deportes, Milagros Lantes, manifestou pola súa banda que "desde a Consellería defendemos algo máis que o deporte como competición. Seguiremos participante neste tipo de eventos que fan realidade que outro tipo de deporte tamén é posible". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, dixo no acto que "é unha satisfacción poder inaugurar esta instalación. Durante dous meses todos os cidadáns de Carballo, Costa da Morte e alén destes dous sitios, poderán disfrutar da pista de xeo. Carballo colócase ao nivel de poucas cidades de Galicia e para o Concello é un orgullo e un reto".