Inicio Carballo ao día Hemeroteca Nove clubes tomarán parte no 3º...

DEPORTE

Nove clubes tomarán parte no 3º Torneo Internacional de Balonmán ‘Concello de Carballo’

Venres 1 de decembro do 2006

O director técnico da sección de balonmán da AD Xiria, Marcos Rodríguez, salientou na presentación do torneo que "neste tipo de eventos búscase a convivencia e que os chavales se coñezan e disfruten da experiencia. Esto axudará a fortalecer a amizade con xogadores cos que, seguramente, se volverán a atopar. Desde a organización dámoslle moita importancia á labor social que cubre o torneo". O xerente do Patronato Deportivo Municipal, Francisco García, engadiu que "a asistencia aos pavillóns creo que está garantizada, dado o número de deportistas participantes". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, comentou que "o torneo axuda ao fomento do deporte desde idades tempranas. Carballo é unha das mellores escolas de Galicia de balonmán e é unha ocasión única de comparase con outras entidades de Galicia ou de fóra, como é o caso do Ademar de León. Trátase dunha magnífica oportunidade para dsifrutar da alta calidade dos equipos que compiten".

Compartir: