Inicio Carballo ao día Hemeroteca Renovado o convenio de colaboración entre...

Renovado o convenio de colaboración entre o Concello e Cáritas para o mantemento do centro día de Verdillo

Luns 11 de decembro do 2023 Benestar

A sinatura realizouse hoxe na Alcaldía

A sinatura realizouse hoxe na Alcaldía

O alcalde, Evencio Ferrero, e o párroco de Carballo, José García Gondar, veñen de asinar o convenio anual de colaboración entre o Concello e Cáritas Parroquial de Bergantiños para o mantemento do centro de día Fogar de Bergantiños, situado en Verdillo. Ao acto asistiron tamén a concelleira de Igualdade, Benestar e Sanidade, Maica Ures, e o director de Cáritas Interparroquial de Bergantiños, Francisco Suárez.

O Concello de Carballo colaborará no sostemento do centro de día cunha achega de 15.000 euros, que Cáritas poderá complementar, se é o caso, con outras subvencións. A cambio, Cáritas comprométese a desenvolver a actividade conforme á normativa vixente e, entre outras medidas, a facilitar o acceso ao servizo de persoas propostas polos Servizos Sociais municipais.

Compartir: