Inicio Carballo ao día Hemeroteca O alcalde preséntalle a Anxo Quintana un...

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

O alcalde preséntalle a Anxo Quintana un plan estratéxico para Carballo

Martes 20 de setembro do 2005

O dosier que se lle presentará ao vicepresidente da Xunta de Galicia contén proxectos como a creación de espazos deportivos e dotacionais na Agra da Lagoa e do Bosque, a rede de sanemanto e de abastecemento integral no litoral ou o traslado do mercado de abastos. Evencio Ferrero tamén solicitará de Quintana o apoio para a creación do hospital comarcal en Carballo, co que se "reducirían as listas de espera e se melloraría a calidade asistencial" da comarca de Bergantiños.

A urbanización dos accesos á vila será outro dos temas a tratar durante a reunión, que se celebrará o mércores 21 de setembro a partir das 11.00 horas en Santiago de Compostela. Neste proxecto inclúese a urbanización da Avenida de Malpica, e das estradas Carballo - A Coruña e Carballo - Fisterra.

Outra demanda do Goberno municipal de Carballo terá relación coa ampliación do polígono industrial de Bértoa, xa que se considera insuficiente a superficie do parque empresarial prevista no Plan sectorial para Carballo ou segunda fase do polígono industrial.

No encontro, solicitaráselle ao vicepresidente da Xunta o apoio para a construción da Casa dos Oficios, que acollerá as instalacións do Centro municipal de formación e correrá a cargo dos alumnos da Escola obradoiro.

Compartir: