Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega
Xoves 16 de novembro do 2023
A Dirección Xeral de Formación Profesional convoca, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2023/24.
Os cursos impartiranse entre setembro de 2023 e maio de 2024, en horario de mañá ou de tarde. O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá dende o 13 ata o 24 de novembro de 2023 para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).