Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolleu unha reunión do Eixo...

Carballo acolleu unha reunión do Eixo Atlántico para definir a estratexia conxunta en materia de política social

Representantes de seis concellos galegos e portugueses e da Deputación de Ourense celebraron unha xornada de traballo na casa do concello

Xoves 16 de novembro do 2023 Benestar

José Manuel Rey, Evencio Ferrero e Xoán Vázquez

José Manuel Rey, Evencio Ferrero e Xoán Vázquez

O grupo temático de política de innovación social do Eixo Atlántico reuniuse este xoves en Carballo para discutir as estratexias e o plan de acción conxunto no ámbito social, tendo en conta que a organización integra espazos de dous países, pero tamén a necesidade de avanzar no proceso de innovación transformadora dos servizos e das políticas sociais deste amplo territorio ante os novos retos que van xurdindo.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, exerceu como anfitrión do encontro xunto co secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, presidente do grupo temático de política social do Eixo.

A xornada de traballo reuniu no salón de plenos da casa do concello a representantes dos concellos de Braga, Guimaraes, Ourense, Santiago, Ferrol e Carballo, así coma da Deputación Provincial de Ourense, que integran a comisión xunto con Culleredo e que, por segundo ano consecutivo, elixiron o noso concello coma sede do encontro.

Compartir: