Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo premiou cunha chocolatada...

O Concello de Carballo premiou cunha chocolatada a participación da rapazada na campaña “Presume de xardíns”

Os nenos e nenas que decoraron os xardíns con cabazas reuníronse no mercado para merendar ao ritmo da música de Pakolas

Sábado 18 de novembro do 2023 Mercado Municipal

A campaña Presume de xardíns chegou á súa fin, pero, un ano máis, ademais de agradecer a súa participación, tamén quixemos premiar o traballo dos nenos e nenas na decoración das cabazas, unha iniciativa que trata de fomentar dende a infancia o respecto e o coidado das zonas verdes e os espazos públicos. Foron 228 en total, e unha boa parte participaron este sábado nunha celebración moi familiar que tivo lugar no mercado municipal.

Para animar á rapazada a seguir coidando a natureza, todos e todas puideron degustar un chocolate Mariño ben quentiño con pan de ovo da Brea, e ademais gozaron da actuación de Pakolas.

Os nenos e nenas, as súas familias, o profesorado dos colexios Xesús San Luís Romero, Nétoma-Razo e da escola infantil As Estreliñas, que, de xeito colectivo ou individual participaron na iniciativa coas súas cabazas, reuníronse nesta celebración tan especial, que agardamos poder seguir repetindo en vindeiros anos aínda con máis participación.

Compartir: