Ampliado ata o 15 de decembro o prazo de solicitude do bono dixital
Martes 7 de novembro do 2023 Benestar
A Xunta de Galicia amplía ata o 15 de decembro o prazo de solicitude das axudas enmarcadas no programa UNICO Bono Social para a cidadanía.
Dirixido a...
Persoas que reciben a Risga da Xunta de Galicia ou o IMV do Goberno de España ou cuxa renda anual (per capita) sexa inferior ao 125% do IPREM, en caso de non haber menores na unidade familiar ou 175% no caso de que si haxa menores.
O bono poderase empregar para...
Contratar ou mellorar a conexión á banda larga fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps.(Nota: Non será válida a mellora de velocidade co operador xa contratado no caso de dispor previamente dunha velocidade igual ou superior a 30 Mbps).
O desconto do bono consiste...
Nunha minoración na mensualidade, ata 20 euros na factura emitida pola entidade colaboradora elixida durante un período de ata 12 meses cun máximo de 240 euros.
Para levar a cabo a solicitude...
Recoméndase a presentación telemática a través dunha persoa autorizada, como pode ser o persoal dos servizos sociais comunitarios xa que dispón dun formulario habilitado expresamente ao efecto na plataforma HSUE: https://hsue.xunta.gal. Con todo, as persoas interesadas poderán presentar tamén as súas solicitudes a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=AP400A&ano=2023&num…) ou de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Unha vez concedido o bono...
As persoas beneficiarias do bono deberán levar a cabo a contratación ou mellora do servizo a través dunha destas entidades colaboradoras: Itegal, Atuaxanela, R Cable, O2, Lowi ou DIGI. Poden consultarse os canais de contacto das entidades colaboradoras a través do rexistro de operadores colaboradores accesible nas seguintes ligazóns:
- https://amtega.xunta.gal/rexistro-operadores-bono-social (gal)
- https://amtega.xunta.gal/es/registro-operadores-bono-social (es)