A Xunta de Goberno Local aproba as bases das convocatorias para a cobertura de 12 prazas de persoal funcionario
Luns 6 de novembro do 2023 Carballo ao día
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as bases para catro convocatorias que permitirán cubrir un total de 12 prazas de persoal funcionario correspondentes á oferta de emprego público do ano 2022. A oferta é a seguinte:
- 3 prazas de oficial de emerxencias (grupo C, subgrupo C1)
- 2 prazas de oficial tractorista (grupo C, subgrupo C2)
- 4 prazas de oficial de mantemento de obras (grupo C, subgrupo C2)
- 3 prazas de subalterno/a-conserxe
Na xuntanza deste luns tamén se aprobou a solicitude de subvencións á Deputación da Coruña para a décima edición do festival de arte urbana Rexenera Fest, para o mantemento do Servizo de Normalización Lingüística e para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de deporte.
A convocatoria do tradicional Concurso de Postal e Cartel de Nadal, a programación de Novembro con Música, licenzas, vaos e facturas completaron os asuntos abordados na xuntanza quincenal do goberno municipal.