LECER
Carballo contará cunha pista de xeo para as festas do Nadal
Luns 27 de novembro do 2006
Por segundo ano consecutivo, Carballo contará cunha instalación que xa tivo unha moi boa acollida durante o pasado nadal. A pista de patinaxe terá, este ano, máis servizos, como unha cafetería, máis música e mellor iluminación. Estas novidades buscan converter a pista nun centro de ocio comarcal, que reciba visitas de toda a Costa da Morte e evite que os carballeses teñan que desprazarse para disfrutar dun servizo reservado, polo xeral, ás grandes cidades. Os rapaces dos centros educativos de Carballo están convidados a patinar de balde cos seus colexios, logo de que o centro solicite un día no que poder difrutar das instalacións. Os prezos para entra á pista sitúanse en 3 euros, para as persoas que entren cos seus propios patíns, e 6 euros para os que os aluguen na propia instalación. A pista de patinaxe permanecerá aberta os sete días da semana e a súa colocación ten un custe total de 98.000 euros.