Inicio Carballo ao día Avisos Xornada "A xestión das...

Xornada "A xestión das inundación no contexto local. Planificación, divulgación e concienciación"

Luns 30 de outubro do 2023

Augas de Galicia, no marco da implementación da Directiva 2007/60/CE, relativa a avaliación e xestión do risco de inundación, elabora con carácter cíclico, cada 6 anos, os traballos de delimitación das Áreas de Risco Potencial e Significativo de Inundación (ARPSIs), os de Mapas de Perigosidade e Risco por Inundación e o Plan de Xestión do Risco de Inundación. 

Como parte das medidas incluídas no Plan de xestión do risco de inundación, actualmente estase a traballar na divulgación e concienciación, como unha ferramenta fundamental para incrementar a percepción e sensibilizar á poboación, tanto no tocante á percepción das inundacións como un fenómeno natural e preciso medioambientalmente, como no relativo ás medidas que podemos adoitar para evitar un incremento do risco e da exposición.

Con esa filosofía, o martes 31 de outubro celébrase no Fórum Carballo a xornada "A xestión das inundación no contexto local. Planificación, divulgación e concienciación”.

PROGRAMA

  • 10:00-10:15. Recepción de participantes.
  • 10:15-10:30. Presentación da xornada. Directora de Augas de Galicia - Alcalde de Carballo
  • 10:30-10:50. Plan de Xestión do Risco de Inundación de Galicia Costa e o seu Programa de Medidas. Servizo de Planificación Hidrolóxica de Augas de Galicia
  • 10:50-11:10 O Plan estratéxico de divulgación en ARPSIs (PEDARSI). Servizo de Planificación Hidrolóxica
  • 11:10-11:25. Usos e limitacións en zonas de proteción de cauces. Restauración fluvial. Comisaría de Augas de Galicia
  • 11.25-12:00.Pausa-café.
  • 12:00-12:15 Plans de adaptación fronte ao risco de inundación. Subdirección General de Protección de las Aguas y Gestión de Riesgos (MITERD).
  • 12:15-12:30. O Plan Especial de Protección Civil fronte ao risco de inundación (INUNGAL). Protección Civil de Galicia
  • 12:30-12:45.Os instrumentos urbanísticos como ferramentas para a prevención de inundacións. Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia.
  • 12:45-12:50. Peche da xornada. Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.
  • 12:50-13:30. Instalación de panel divulgativo en campo.

Compartir: