Inicio Carballo ao día Hemeroteca A corporación municipal reúnese en...

CONVOCATORIA

A corporación municipal reúnese en sesión plenaria ordinaria

Luns 27 de novembro do 2006

En materia urbanística, a orde do día inclúe a modificación puntual nº 11 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, sobre a ampliación dos usos permitidos na ordenanza de Industria Escaparate, en cumprimentación da Orde de 17 de xaneiro de 2006 da Consellería de Política Territorial. Debatirase tamén a aprobación do Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal -POS 2007- e Plan complementario. Pecharán a sesión as resolucións da alcaldía, acordos da Xunta de Goberno Local e o turno de rogos e preguntas.

Compartir: