Inicio Carballo ao día Hemeroteca Tereixa Novo inaugurou a Feira das...

MULLER

Tereixa Novo inaugurou a Feira das Asocaicións

Xoves 23 de novembro do 2006

A Delegada Provincial de Igualdade e do Benestar suliñou, no acto de inauguración, a necesidade de que "a sociedade se conciencie da situación da violencia de xénero, porque só así poderá eliminarse". Tereixa Novo deu a noraboa ás asociacións participantes na Feira por "facer unha iniciativa tremendamente necesaria e importante e dar a coñecer ao público e institucións públicas o seu bo facer". A delegada provincial de Igualdade e do Benestar engadiu que "a violencia de xénero non é un problema da muller que o padece, senón un problema social" e aventurou a realización "dunha lei integral en galego contra a violencia de xénero, na que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar está a traballar moi intensamente". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, resaltou na súa intervención "o traballo, sacrificio e entrega das asociacións que participan na Feira, unah feliz iniciativa que se leva a cabo desde o ano 2003". O rexedor municipal deu lectura, ademáis, á Declaración Institucional contra a Violencia de Xénero, que o pleno aprobrará o vindeiro luns.

Médicos del Mundo

Ás 17,00 horas, na carpa onde terá lugar a Feira, Leticia Herrera-Dávila, representante de Médicos del Mundo en El Salvador, médico e cooperante, ofrecerá unha charla sobre a campaña de sensibilización El juego del sexo. Una mirada hacia la explotación sexual infantil en El Salvador, coa que esta ONG pretende dar a coñecer a realidade salvadoreña sobre a que actúa e a laboura que esta organización realiza no país centroaméricano.

Compartir: