OBRAS E SERVIZOS
O pleno debatirá o luns a aprobación dos investimentos que o Concello ten previsto realizar no POS 2007
Xoves 23 de novembro do 2006
As obras que se recollen para o POS 2007, no tocante a saneamento, son unha depuradora en Rebordelos, por importe de 33.804,69 euros, unha depuradora en Queo, parroquia de Bértoa, por importe de 49.669,73 euros, unha depuradora en Nétoma, parroquia de Razo, por importe de 40.497,34 euros, e unha rede de saneamento e depuradora en Castrillón, na parroquia de Lema, por importe de 39.681,60 euros. A obra incluida no POS de maior cantía económica é a ordenación e urbanización da praza municipal en Ramil, cun importe de 107.568,55 euros. Esta obra sucede a outras das mesmas características en distintos lugares do concello, co ánimo do grupo de goberno de seguir dotando de servizos que permitan o disfrute do tempo de lecer de maiores e pequenos, dotando de equipamentos a zonas do rural como hai no casco urbano. As obras que completan a relación de actuacións incluidas no POS son o acondicionamento dunha pista en Rus, cun importe de 64.191 euros, o afirmado de camiño de Canelas os Loureiros, por 34.136,75 euros, o afirmado de camiños de Arnados a Razo Costa, por 93.506,02 euros, o afirmado de camiño de Altivoa a Barbalde, por importe de 46.485,32 euros, o afirmado de camiños en Fontecaldeira e Regadeo, por 35.104,12 euros, o refuerzo de firme en camiño de Aldemunde, por importe de 33.218,35 euros, a apertura de camiños en Baldaio, por 51.876,26 euros e a pavimentación de pistas en Castrillón e Cambre, por importe de 57.916,68 euros.