Os consellos parroquiais volverán en outubro para seguir fomentando a participación veciñal na xestión municipal
Sábado 14 de setembro do 2024 Participación veciñal
As xuntanzas dos consellos parroquiais comezarán en Aldemunde
Os consellos parroquiais retomarán a súa actividade no mes de outubro. Dende o Concello de Carballo queremos seguir fomentando a participación veciñal na xestión municipal, e os consellos parroquiais constitúen dende o ano 2017 unha canle fundamental.
Nestes momentos están constituídos 16 consellos parroquiais, nos que participan de xeito directo máis de 300 veciños e veciñas, e moitos máis de xeito indirecto, xa que antes da reunión cos representantes municipais é habitual que a veciñanza celebre xuntanzas abertas para recoller as propostas que despois serán trasladadas aos representantes municipais.
Nos consellos parroquiais participan o alcalde, Evencio Ferrero, e representantes de todos os grupos políticos municipais. Por parte da veciñanza hai participación do movemento asociativo, aínda que as portas están abertas a aquelas persoas que queiran sumarse a título individual. O obxectivo destes órganos de participación veciñal é recoller as propostas da cidadanía para telas en conta á hora de decidir sobre o investimento dos fondos públicos.
Neste curso as sesións celebraranse en xoves alternos ás 20.00 horas. O calendario provisional é o seguinte:
- 10 de outubro, Aldemunde
- 24 de outubro, Ardaña
- 7 de novembro, Artes
- 21 de novembro, Bértoa
- 13 de decembro, Cances
- 9 de xaneiro, Entrecruces
- 23 de xaneiro, Goiáns
- 6 de febreiro, Lema
- 20 de febreiro, Noicela-Rebordelos
- 6 de marzo, Oza
- 20 de marzo, Razo
- 3 de abril, Rus
- 24 de abril, Sísamo
- 8 de maio, Sofán
- 22 de maio, Verdillo
- 5 de xuño, Vilela