Inicio Carballo ao día Avisos Aprobación e exposición dos...

Aprobación e exposición dos padróns fiscais correspondentes ao IBI, o IAE e a taxa de lixo comercial

Xoves 24 de agosto do 2023

Por resolución da Alcaldía nº 2118/2023, do 3 de agosto, téñense aprobado os padróns fiscais do Imposto sobre Bens Inmobles, nas súas modalidades rústica, urbana e de características especiais, do Imposto sobre Actividades Económicas, e da Taxa pola prestación do servizo de recollida domiciliaria de lixo e residuos sólidos urbanos, na súa modalidade comercial, correspondentes ao período impositivo de 2023, no que figuran as liquidacións tributarias correspondentes a cada suxeito pasivo, dacordo cos seguintes datos:

1.- Imposto sobre Bens Inmobles de Características especiais. Importe total do Padrón: 209.662,26 € (1 recibo).
2.- Imposto sobre Bens Inmobles Urbanos. Importe total do Padrón: 5.680.927,99 € (32.542 recibos).
3.- Imposto sobre Bens Inmobles Rústicos. Importe total do Padrón: 305.072,72 € (14.159 recibos).
4.- Imposto sobre Actividades Económicas. Importe total do Padrón: 298.596,38 € (407 recibos), correspondentes a 238.876,64 € de cota municipal, e 59.719,74 € de recargo provincial.
5.- Taxa pola prestación do servizo de recollida domiciliaria de lixo e residuos sólidos urbanos, na súa modalidade comercial. Importe total do Padrón: 269.028,06 € (1.468 recibos).

Polo medio do presente anuncio, procédese á exposición pública dos devanditos padróns durante o prazo dun mes, a contar desde a publicación do anuncio de exposición no Boletín Oficial da Provincia. Durante o devandito prazo, os interesados poderán examinar os padróns no Servizo de Xestión Tributaria do Concello, a fin de comprobar a exactitude dos datos que lles afecten.

Contra o acto de aprobación dos padróns e as liquidacións incorporadas ao mesmo, poderase formular recurso de reposición ante esta Alcaldía, no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte á finalización do período voluntario de cobranza.

Prazo, lugar e forma de pagamento

O período voluntario de cobro das liquidacións resultantes deste padrón abranguerá desde o día 15 de setembro do 2023 até o día 20 de novembro do 2023, ambos os dous incluidos. Durante este período, os contribuintes poderán realizar o pagamento das débedas:

a) Nas oficinas bancarias e nos caixeiros das entidades ABANCA, CAIXABANK, e Banco Santander, utilizando o documento de pagamento que remitirá o Concello.
b) A través da banca electrónica de ditas entidades, co código de barras e a referencia que constan no documento de pagamento que remitirá o Concello.
c) Na pasarela de pagos da web www.carballo.gal, dentro do apartado Centro de Atención Cidadá – Sede Electrónica – Outros servizos – Pago de tributos on-line.
d) Presencialmente, nas Oficinas da Recadación Municipal, sitas na Rúa Camiño Novo, 7, Entreplanta Galerías Comerciais (Tlf. 981704278; correo: recadacion@carballo.gal), en horario de luns a venres, de 08:00 a 14:30 horas.
e) A través de transferencia bancaria ou ingreso na conta da entidade ABANCA ES55 2080 0019 5331 1000 0028, indicando a referencia do recibo.

Os recibos domiciliados pasaranse ao cobro a partires do día 16 de outubro do 2022. Os recibos non domiciliados deberán ser aboados en efectivo. Transcorrido o dito prazo, iniciarase o período executivo, que determina o devengo do recargo de constriximento e os intereses de demora, segundo o previsto no artigo 28 da Lei 58/2003, xeral tributaria, do 17 de decembro. O recargo será dun 5% ata que se reciba a notificación da providencia de apremio, do 10% unha vez recibida a mesma e ata o fin do prazo voluntario en vía executiva, e do 20% unha vez transcorrido dito prazo.

Os recibos non domiciliados serán remitidos aos domicilios fiscais declarados perante este Concello para o seu pagamento. A tal efecto, o Concello remitirá por correo postal 12.173 cartas cos recibos de pago. O documento é necesario para se poder dirixir a realizar o pagamento ás Oficinas da Recadación. Os interesados que non o teñan recibido, poderán dirixirse á Recadación Municipal para obter o documento de pagamento (Tlf. 981704278, correo: recadacion@carballo.gal). Os recibos non domiciliados deberán ser aboados en efectivo.

Os contribuíntes recibirán, asimesmo, unha carta informativa no seu domicilio fiscal na que se lle relacionan os recibos dos que ten emitido orde de domiciliación, para o que se remitirán 8.468 cartas por correo postal.

Ligazóns

Compartir: