Berocasion volve do 25 ao 27 de agosto cunha oferta de máis de 400 de vehículos na zona do Rego da Balsa
Martes 22 de agosto do 2023 Promoción Económica
15 concesionarios e 400 vehículos simbolizan o potencial do sector da automoción en Carballo, que nesta edición tan especial de Berocasión, a número 18, volverá a amosar a súa fortaleza cunha exposición conxunta na zona do Rego da Balsa do 25 ao 27 deste mes.
Representantes dos establecementos participantes e de Axober, que se encarga da organización un ano máis, participaron este mediodía na presentación da feira de vehículos de ocasión máis importante de Galicia en espazos abertos. Con eles estiveron o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, que destacou a recuperación do formato orixinal da feira e a ampla participación, polo que agarda que o público se anime a visitala e a mercar, e que os resultados para o sector sexan bos. E aínda que as previsións meteorolóxicas non son boas, o alcalde expresou a súa confianza en que a coincidencia de Berocasión e da feira volvan converter Carballo no gran punto de encontro da Costa da Morte.
Xosé Regueira destacou a recuperación do formato orixinal da feira e a ampla participación, con 15 concesionarios
Berocasión celebra a maioría de idade volvendo ao seu emprazamento orixinal. No Rego da Balsa. Dende o venres 25 ata o domingo 27, en horario de mañá e tarde, os establecementos abrirán as súas portas para poñer a disposición do público vehículos de km.0, seminovos, industriais, mixtos, nacionais, de importación, de ocasión, híbridos e eléctricos, con importantes descontos e condicións especiais de financiamento.
Estes son os establecementos participantes: Corgal Automóbiles (KIA), Balsacar Automóbiles, Grupo Breogán (Toyota, Lexus, Porche), JCCAR Automóbiles, Baleato Motor (Renault, Dacia), Dimolk (Peugeot). Garvi Automóbiles, Miguelauto.es, Bercauto (Alfa Romeo, Fiat, Jeep), Vehículos Juan Lema, Rebalcars Automóbiles, Pensado Motor (Skoda), V-Car (Hyundai), Antamotor (Nissan) e Vilas Rama (Citröen).