Inicio Carballo ao día Hemeroteca Convocadas as comisións informativas de...

CONVOCATORIA

Convocadas as comisións informativas de Urbanismo e Acción Social

Mércores 22 de novembro do 2006

A comisión informativa de Acción Social, Participación e Persoal inclúe, na orde do día, unha Declaración sobre o Día Internacional contra a violencia de xénero e a adxudicación das Bolsas de Estudo e Transporte para o curso 2006-2007. A comisión informativa de Urbanismo e Desenvolvemento abordará a modificación puntual nº 11 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, sobre a ampliación dos usos permitidos na ordenanza de Industria Escaparate, ademáis da aprobación do Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal -POS 2007- e Plan complementario, e información urbanística.

Compartir: