Inicio Carballo ao día Hemeroteca Toma de posesión do persoal funcionario...

Toma de posesión do persoal funcionario que superou o proceso de promoción interna

Mércores 16 de agosto do 2023 Carballo ao día

Hoxe tomaron posesión dos seus cargos cinco dos seis funcionarios que superaron o proceso de promoción interna convocado polo Concello de Carballo para cubrir outras tantas prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público do ano 2022. O sexto incorporarase o día 21. No acto, que tivo lugar na Alcaldía, participaron Evencio Ferrero e a concelleira Maruxa Suárez, así como a técnica de Persoal, Lorena Rey Paulos, que exerce estes días como secretaria da corporación.

As vacantes cubertas neste proceso e as persoas titulares son as seguintes:

  • Oficial de mantemento de obras: José Luis Lorenzo Reino (grupo C2, nivel 14)
  • Técnica animadora cultura: María del Carmen Castro Pombo (grupo A2, nivel 22)
  • Axente de inspección de obras: Xaime Díaz Alonso (grupo C1, nivel 16)
  • Xefe de servizo de informática: Luis Miguel Castro García (grupo A2, nivel 24)
  • Director do centro de formación: Juan José Lorenzo Pose (grupo A1, nivel 26)
  • Enxeñeiro: José Manuel Facal Fariña (grupo A1, nivel 26). Tomará posesión o día 21.

Compartir: