Inicio Carballo ao día Hemeroteca Caixa Galicia achega 300.000 euros para a nave I...

CONVENIO

Caixa Galicia achega 300.000 euros para a nave I da Casa dos Oficios

Martes 21 de novembro do 2006

A Casa dos Oficios servirá para o fomento de acceso ao mercado laboral e da cooperación empresarial, sendo un dos proxectos máis ambiciosos do grupo de goberno. Permitirá fomentar o tecido productivo da comarca, fomentando o emprego e proporcionando aos empresarios unha fonte de recursos humanos e un importante espazo de colaboración. No trasncurso do acto de sinatura, o director técnico da obra da Casa dos Oficios, Manuel Carbajo, sinalou que "a nave un vai facer viable as naves dúas e tres. Será un elemento máis en relación coa cidade, máis cercano, e a porta de entrada á Casa dos Oficios". O director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, manifestou no acto que "canto máis formado esté un, máis capacidade terá de comprender o que hai ao seu redor e axudará á toma de decisións. O mundo actual está baseado na formación, e catro son os pilares básicos onde se ten que sustentar, como son o talento, a eficiencia, o sentido comercial e os idiomas. Poñemos a disposición do Concello de Carballo os nosos departamentos de Obra Social na área de formación e, para futuras actuacións no proxecto, xa falaremos". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, referiuse á Casa dos Oficios como un proxecto "moderno, funcional e operativo para albergar a componente empresarial. A primeira nave constitúe a porta de entrada a ese macroespazo de once mil metros cadrados e estamos convencidos de que este espazo terá unha transformación importante a partir deste momento. Confiamos na materialización da Casa dos Oficios non polo ben de Carballo, senón polo ben de toda a Costa da Morte e a xente emprendedora".

Compartir: