CULTURA
O Pazo da Cultura acolle desde o mércores unha nova exposición
Martes 21 de novembro do 2006
A exposición pretende dar a coñecer o funcionamento do cerebro e da percepción dos sentidos. Ten unha finalidade didáctica e está estructurada en dez espazos, con información en soporte de paneis explicativos e catro audiovisuais específicos para contidos. A mostra complétase cun video xeral da exposición. Os obxectivos que persegue esta exposición son os de ofrecer recursos educativos aos centros de ensino na área de ciencias, achegar conceptos básicos das percepcións sensoriais a través do sistema nervioso e resaltar a presenza da ciencia na vida cotiá, con intención de facela atractiva e destacar a súa utilidade. A exposición pretende achegar aos visitantes ao complexo mundo das percepcións e ao tratamento que a información sensorial experimenta no cerebro, analizándose a estructura e funcións do sistema nervioso. Aborda temas como as percepcións sensoriais, a luz na retina, as neuronas ou as sinapses.