Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Centro de Transfusión impartirá...

CAMPAÑAS DE DOAZÓN

O Centro de Transfusión impartirá dúas charlas informativas en Carballo

Mércores 7 de setembro do 2005

Os responsables das campañas de doazón do Centro de Transfusión de Galicia estarán na Escola obradoiro de Carballo a partir das 09.45 horas e no Centro municipal de formación ocupacional, a partir das 10.30 horas.

A Unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará a disposición de todos os interesados en colaborar coa campaña Comparte saúde. Doa sangue en horario de 10.00 a 14.00 horas, na Avenida da Cristina.

Éxito en agosto

A campaña de doazón de sangue desenvolvida en Carballo no mes de agosto foi un éxito, segundo sinalaron os responsables do Centro de Transfusión de Galicia. O número de doazóns, 126 en total, superou nun 26% a media mensual do ano pasado. Desta cifra, 15 correspóndelle a veciños que se achegaron por primeira vez á unidade móbil, o que supuxo duplicar a media habitual de novos doantes.

"Grazas á solidariedade dos veciños de Carballo será posible realizar, por exemplo, 63 intervencións cirúrxicas ou catro transplantes de fígado, e obterse 31 litros de plasma utilizable en tratamentos de grandes queimados ou enfermidades crónicas", explicaba o coordinador de campañas de doazón de sangue do Centro de Transfusión de Galicia, Julio A. Flores Pérez, nunha carta remitida ao alcalde de Carballo en agradecemento pola súa colaboración.

Compartir: