A corporación aprobou o sistema de organización do Concello de Carballo para o mandato 2023-2027
Na mesma sesión plenaria realizouse o sorteo para designar ás persoas que formarán parte das mesas electorais o 23 de xullo
Mércores 28 de xuño do 2023 Carballo ao día
Tras a constitución da corporación o sábado 17, este martes celebrouse o primeiro pleno do mandato, de carácter extraordinario, co dobre obxectivo de realizar o sorteo para designar ás persoas que formarán parte das mesas electorais o 23 de xullo e de establecer o sistema de organización do Concello de Carballo para os próximos catro anos. Será o seguinte:
Constitución dos grupos políticos municipais
- Bloque Nacionalista Galego (BNG): Evencio Ferrero Rodríguez, alcalde; Belén Lendoiro Esmorís, Xosé Regueira Varela, voceiro do grupo municipal; Ángeles Pacoret Rodríguez, Daniel Pérez López, Maruxa Suárez Cotelo, Juan Seoane Collazo, Maica Ures García, Iván Andrade Tasende, Luís Lamas Álvarez, Mar Eirís Villar, Miguel Vales Mallo e Ramón Varela Rodríguez.
- Partido Popular (PP): Rubén Lorenzo Gómez, voceiro do grupo municipal; Beatriz Neira Varela, Isidro Varela Bardanca, María Isabel Cotelo Recarey (non asistiu á sesión), José Rey Torres e Javier Calvelo Bellón.
- Partido Socialista Obreiro Español (PSOE): María Carmen Vila Blanco, voceira do grupo municipal, e Valentín Costa Trillo.
Periodicidade das sesións ordinarias de pleno
No pleno realizouse o sorteo das mesas electorais
Os plenos ordinarios celebraranse o último luns de cada mes ás 20.30 horas, agás a correspondente ao mes de agosto, que se trasladará ao primeiro luns de setembro, e as que coincidan en véspera de festivo, que poderán variar a data por acordo dos portavoces políticos. O acordo foi adoptado por unanimidade.
Comisións informativas permanentes e outros órganos colexiados de estudo e proposta
- Comisión informativa de Facenda e Especial de Contas.
- Comisión informativa de Planificación Urbana e Mobilidade.
- Comisión informativa de Réxime Interior e Asuntos Xerais.
- Comisión especial de Seguridade
- Xunta de voceiros municipais
O acordo tamén foi adoptado por unanimidade.
Representantes da corporación en órganos colexiados
O Concello de Carballo contará con representación nos seguintes órganos: Consello Deportivo Municipal, consellos escolares, mesa de negociación, comisión de baremación intercentros das escolas infantís As Landras e A Braña, Xunta Local de Seguridade, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Eixo Atlántico, Mesa Local de Comercio, Consello Escolar Municipal, Comité Local da Cruz Vermella, comisións de seguimento dos convenios de cesión das escolas infantís e consellos escolares das mesmas, comisión de escolarización, CMAT (Costa da Morte Asociación de Turismo), GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) e GAC3 (Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte). A proposta foi aprobada por unanimidade.
Indemnizacións dos membros da corporación por asistencia a sesións de órganos colexiados
- Pleno: cada concelleiro/a recibirá 100 euros, e os/as voceiros/as, 50 euros a maiores.
- Xunta de Goberno Local: cada concelleiro/a percibirá 100 euros.
- Comisións informativas: 90 euros. A maiores, os/as presidentes/as percibirán 60 euros.
A proposta foi aprobada por unanimidade.
Cargos da corporación en réxime de dedicación exclusiva e retribucións
- Evencio Ferrero Rodríguez, alcalde: 48.100 euros brutos ao ano.
- Maruxa Suárez Cotelo, concelleira de Cultura e Festas: 41.500 euros brutos ao ano.
- Juan Seoane Collazo, concelleiro de Planificación Urbana, Policía e Mobilidade: 41.500 euros brutos ao ano.
- Ramón Varela Rodríguez, concelleiro de Contratación, Mocidade, Feiras e Mercados: 41.500 euros brutos ao ano.
- Miguel Vales Mallo, concelleiro de Servizos, Medio Ambiente, Praias e Protección Civil: 41.500 euros brutos ao ano.
- Maica Ures García, concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade: 41.500 euros brutos ao ano.
Asignación económica aos grupos políticos municipais
- Asignación fixa: 100 euros por grupo ao mes
- Asignación variable: 125 euros por concelleiro/a ao mes
Determinación do persoal eventual e retribucións
- Secretario persoal da Alcaldía: retribucións equivalentes a persoal funcionario do grupo C, subgrupo C1, nivel 20, complemento específico 13.150 euros.
- Técnico asesor de medio ambiente: retribucións equivalentes a persoal funcionario do grupo A, subgrupo A2, nivel 24, complemento específico 13.150 euros.
- Responsable de comunicación: retribucións equivalentes a persoal funcionario do grupo A, subgrupo A2, nivel 24, complemento específico 13.150 euros.
- Técnico asesor: retribucións equivalentes a persoal funcionario do grupo A, subgrupo A2, nivel 24, complemento específico 13.150 euros.
Resolucións do alcalde
- Nomeamento de tenentes de alcalde: Belén Lendoiro, 1ª tenente de alcalde; Xosé Regueira, 2º; Ángeles Pacoret, 3ª; Daniel Pérez, 4º; Iván Andrade, 5º, e Mar Eirís, 6ª.
- Delegación de competencias en concelleiros delegados
- Designación de membros da Xunta de Goberno Local e delegación de competencias: A Xunta de Goberno Local estará presidida polo alcalde e formarán parte da mesma os seis tenentes de alcalde. A primeira sesión celebrarase o 3 de xullo ás 13.00 horas.
- Delegación de competencias en expedientes sancionadores de tráfico no concelleiro Juan Seoane.
- Nomeamento como representante do alcalde a Milagros Lantes Seara, sen retribución algunha nin competencias máis alá da representación da Alcaldía no desenvolvemento dos servizos, a información á veciñanza ou a canalización de demandas sociais.