Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello formará parte dunha candidatura...

DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

O Concello formará parte dunha candidatura conxunta para o proxecto de Vilas Sustentables da Consellería de Medio Ambiente

Venres 17 de novembro do 2006

O proxecto contará con dous eixos fundamentais, como son a franxa litoral e o río Anllóns. A recente incporporación ao proxecto dos concellos de Coristanco e Ponteceso converte ao río nun elemento importante de cara á sustentabilidade. Os cinco Concellos deberán agora facer aportacións para chegar á posta en común de cara a formalizar o proxecto no seu conxunto. O proxecto Vilas Sustentables da Consellería de Medio Ambiente terá unha vixencia até o ano 2015. A xuntanza desta mañán sucedeu a outras mantidas entre os Concellos de Carballo, Laracha e Malpida, ademáis doutra co director xeral de Desenvolvemento Sostible.

Compartir: