Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello plantexou na delegación...

EDUCACIÓN

O Concello plantexou na delegación provincial de Educación a necesidade dun código propio para a Escola de Idiomas

Xoves 16 de novembro do 2006

Tamén trascendeu a necesidade de incorporar un terceiro idioma para a Escola de Idiomas que, por preferencia do alumnado, sería o alemán, polo que se conta con impartir, no vindeiro curso, 4º de inglés, 2º de francés e 1º desa outra lingua. Ademáis dos temas relacionados coa Escola de Idiomas, o alcalde de Carballo plantexou outra serie de melloras nos centros educativos de Carballo, sobre todo coa substitución do sistema de calefacción do Colexio Fogar, xa obsoleto. O delegado provincial manifestou a necesidade de facer un estudo, neste sentido, para valorar o investimento necesario. Tamén se valoraron en conxunto os problemas escolares de Carballo e as principais necesidades educativas para o futuro.

Compartir: