Inicio Carballo ao día Avisos Comunicado oficial sobre o ciberataque ao...

Comunicado oficial sobre o ciberataque ao Concello de Carballo

Martes 2 de maio do 2023

Desde o Concello de Carballo, como responsable do tratamento dos seus datos persoais, debémoslle comunicar que na madrugada do 26 de abril tivemos coñecemento de que o Concello estaba a ser vítima dun ciberataque que ocasionou que o atacante accedese a determinada información do Concello e a encriptase. Este incidente de seguridade tivo como consecuencia que persoas alleas ao Concello poderían ter accedido á súa información persoal e a da súa familia. En concreto, este acceso non autorizado podería afectar a todos os datos persoais dos que dispón este concello.

Tan pronto como se detectou o incidente púxose en marcha o protocolo de seguridade co que conta o Concello, poñendo adicionalmente os feitos en coñecemento do Centro Criptolóxico Nacional (CCN), a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado competentes, e estase a traballar na recuperación da información que foi encriptada.

Con todo, poñémonos en contacto con vostede para informarlle desta circunstancia e para que estea especialmente atento/a ás comunicacións electrónicas ou telefónicas que poida recibir e que poidan resultar sospeitosas de ser fraudulentas, así como a calquera actividade, fóra das habituais, relacionada cos seus datos persoais ou os dos membros da súa familia, nas vindeiras semanas.

Para calquera dúbida acerca deste incidente, ou para solicitar información adicional, poderá dirixirse ao Delegado de protección de datos do Concello, a través de través de lopd@carballo.gal

Compartir: