Inicio Carballo ao día Avisos Aprazadas ata despois do San Xoán as obras...

Aprazadas ata despois do San Xoán as obras na rúa Estrela para evitar problemas de seguridade durante as festas

Venres 28 de abril do 2023

As obras de reurbanización da rúa Estrela non arrancarán ata despois do San Xoán. As vallas que se colocaran días atrás foron retiradas despois de que por parte dos servizos técnicos se aconsellase adiar os traballos para evitar que a primeira parte da obra, que consistirá na apertura de gabias para a instalación ou renovación dos servizos urbanísticos, coincida coas festas.

Os técnicos consideran que o estado da rúa nesa fase das obras podería implicar un problema de seguridade nunha das zonas urbanas máis concorridas durante as celebracións patronais, xa que a rúa da Estrela concentra, dentro do ámbito dos Baños Vellos, a principal oferta de hostalaría nocturna da vila.

Co aprazamento dos traballos, que se retomarán despois das festas, preténdese garantir a seguridade dos milleiros de persoas que se concentran en Carballo durante o San Xoán, ademais de minimizar posibles efectos negativos das obras sobre os establecementos hostaleiros e comerciais situados na rúa.

Compartir: