CULTURA
O programa ‘Aprender para Educar’ contará coa presenza do escritor Federico Martín Nebras
Martes 14 de novembro do 2006
O ciclo de charlas do programa, logo da conferencia inaugural, pospoñerase até o mes de xaneiro, logo das festas de Nadal. Aprender para educar é un espazo de formación dirixido ás familias, no que se incide na necesidade de que os pais e as nais adquiran novos coñecementos, revisen as súas actualizacións e, en definitiva, aprendan no sentido máis positivo e amplo do termo. Os encargados da presentación do programa destacaron a boa acollida que tivo a primeira edición e o interese amosado polas nais e os pais nas conferencias impartidas. O programa centrarase, nesta edición, en aspectos como facer lectores/as, educar emocións, o xogo, o xoguete e a televisión, como reslover conflitos e outros.
A conferencia de Federico Martín Nebras está programada para as 20.30 horas e as familias que precisen servizo de canguraxe terán que solicitalo no número de teléfono 981 704 300.