Inicio Carballo ao día Avisos Modificación da ordenanza fiscal nº...

Modificación da ordenanza fiscal nº 4, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras

Luns 10 de abril do 2023

O pleno da corporación, na sesión ordinaria celebrada o luns 27 de marzo do 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

  1. Aprobar inicialmente a modificación da ordenanza fiscal nº 4 do Concello de Carballo, reguladora do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO), consonte á redacción do texto que se incorpora como anexo a esta proposta.
  2. Proceder á exposición pública do acordo de modificación da devandita ordenanza durante un prazo de 30 días hábiles, a contar desde a inserción do anuncio da súa aprobación inicial no Boletín Oficial da Provincia, para a interposición de alegacións. De non se teren presentado alegacións, a modificación da ordenanza considerarase tacitamente aprobada, sen necesidade de novo acordo plenario, e entrará en vigor, unha vez publicado o anuncio de aprobación definitiva da mesma xunto co texto íntegro da modificación operada na ordenanza, ao día seguinte ao da publicación do anuncio de aprobación definitiva no BOP.
  3. O expediente estará a disposición dos intersados durante o período de exposición pública nas dependencias do Concello, e, ao tempo, o texto da ordenación proposta pode consultarse nesta mesma sección. 

Descargas

Compartir: