Inicio Carballo ao día Avisos Aberto do 10 de abril ao 14 de xuño o...

Aberto do 10 de abril ao 14 de xuño o período voluntario para o pago dos recibos de lixo, vehículos e vaos

Luns 3 de abril do 2023

O Concello de Carballo inicia a habitual campaña informativa sobre os tributos correspondentes ao primeiro período voluntario do 2023: imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM), taxa polo servizo de recollida de lixo na modalidade de vivenda e taxa pola reserva de espazo para vaos. O período voluntario de cobro estará aberto dende o 10 de abril ata o 14 de xuño.

Este ano o Concello de Carballo pon ao cobro un total de 49.105 recibos.  

  • Taxa pola prestación do servizo de recollida domiciliaria de lixo e residuos sólidos urbanos, na súa modalidade de vivenda: 18.305 recibos. Importe total do padrón: 1.090.989,76 €.
  • Taxa pola reserva de estacionamentos en vía pública para parada de buses, carga e descarga e vaos permanentes: 2.078 recibos. Importe total do padrón: 106.977,12 €. 
  • Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica: 28.722 recibos. Importe total do padrón: 1.395.930,86 €.

As persoas que os teñan domiciliados recibirán, coma sempre, unha carta na que figuran os conceptos e os importes das taxas e impostos, e na que tamén se lles comunica que os cargos nas contas bancarias realizaranse a partires do 12 de maio.

RECIBOS NON DOMICILIADOS

  • Para as persoas que non teñen domiciliados os recibos, as cartas que recibirán nos seus domicilios tamén serven como cartas de pago. Fixádevos na parte inferior, onde pon “Exemplar para a Oficina de Recadación”, onde atoparedes o importe a pagar e un código de barras que podedes utilizar para pagar nas oficinas e nos caixeiros de Abanca e Caixabank, así coma a través da banca electrónica.
  • Entre as opcións dispoñibles tamén figura a transferencia bancaria ou ingreso na conta de Abanca ES55 2080 0019 5331 1000 0028.
  • Outra das posibilidades é realizar o pago a través da pasarela de pagos da páxina web do Concellowww.carballo.gal. Neste caso debes sedeguir estes pasos: entrar no apartado Centro de Atención Cidadá > Sede Electrónica > Outros Servizos > Pago de tributos on-line.
  • Por suposto, os pagos tamén poden seguir realizándose presencialmente nas oficinas da Recadación Municipal, de luns a venres e de 08.00 a 14.00 horas.

As persoas que desexen información complementaria teñen á súa disposición o teléfono 981704278 e o enderezo electrónico recadacion@carballo.gal

Compartir: