Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello é galardoado co I Premio Galego...

ACCESIBILIDADE

O Concello é galardoado co I Premio Galego á Eliminación de Barreiras Arquitectónicas ‘Manuel Ignacio Piñeiro’

Luns 13 de novembro do 2006

En novembro de 2005 redactouse un Plano Municipal Integral de Accesibilidade, froito do convenio entre o propio concello, IMSERSO, e Fundación ONCE. Neste plan abordabase a adaptación integral nas vías públicas, edificios públicos municipais, edificios públicos de outras administracións, transporte e comunicación sensorial. En paralelo con estas actuacións, e en colaboración con outras administracións, intervense na adaptación das praias e os seus accesos, o paseo fluvial do río Anllóns e adaptacións de viais peonís no centro do núcleo urbano carballés. Ademáis, redactáronse diversos proxectos que se encontran neste momento en fase de adxudicación. A elaboración do Plan Integral de Accesibilidade levou ao Concello a entablar contactos con outras administracións titulares de edificios públicos, que se interesaron na adaptación das súas instalacións.

Compartir: