Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello presentou a análise de...

MEDIO AMBIENTE

O Concello presentou a análise de diagnóstico de situación medioambiental

Venres 10 de novembro do 2006

Existen catro grandes liñas de actuación, que son a planificación de cara a sustentabilidade, a aplicación do Plan de desenvolvemento rural no seu apartado de saneamento e depuración de augas, o saneamento do litoral de Razo e Baldaio e a posta en valor do entorno Razo-Baldaio. Estas compleméntanse coas campañas que está a desenvolver o Concello, como a de promoción do Punto Limpo, a de reciclaxe entre os comerciantes, o programa de Educación Ambiental, do que xa están suscritos todos os CRA, o CEIP Nétoma-Razo, o CEIP Gándara-Sofán, Colexio Bergantiños e IES Parga Pondal, o Proxecto Ríos, que ten programada a súa primeia saída formativa no concello o vindeiro 18 de novembro, o de Dinamización de Razo-Baldaio, co deseño dun comic sobre ‘O trasno de Baldaio’, a limpeza de solares, a limpeza de cauces e a ruta do Anllóns.

As liñas estratéxicas resultantes do prediagnóstico medioambiental do Concello son a potenciación dos valores naturais, a potenciación do desenvolvemento local a nivel social, a potenciación do desenvolvemento local a nivel económico, o desenvolvemento dunha planificación urbanística sostible, a mellora do transporte e a mobilidades, a mellora das telecomunicacións, a xestión sostible de recursos hídricos, a mellora de xestión dos residuos, a xestión sostible dos recursos enerxéticos, o control da contaminación acústica e a educación ambiental. Estas once liñas de acción recollen análises, solucións e propostas, ademáis das fortalezas e debilidades nos distintos apartados. O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Pan, manifestou que "este prediagnóstico medioambiental é transversal a todas as actuacións do Concello en diferentes áreas, de cara a ese análise de sustentabilidade. É un informe moi completo e moitas das accións que plantexa están xa encamindadas". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, sinalou que "o medio ambiente é un dos eixos fundamentais da actuación do goberno municipal, xunto co emprego, a educación e os servizos sociais".

Compartir: