Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno local ratifica a...

EXPEDIENTES DE CONTRATACIÓN

A Xunta de Goberno local ratifica a adxudicación do proxecto do paseo do Anllóns

Venres 2 de setembro do 2005

A Xunta de Goberno local, celebrada o 1 de setembro, ratificou a proposta da mesa de contratación do 9 de agosto. As obras que se contratan consisten no acondicionamento do paseo fluvial dende a ponte da Milagrosa ata o Bosque do Añón, aínda que a intención do goberno municipal é a de prolongar a senda fluvial ata a ponte de Bértoa.

Na sesión da Xunta de Goberno decidiuse tamén iniciar os expedientes de contratación para a fabricación, subministro e instalaci´no de armarios compacto con destino ao arquivo municipal de Carballo, o subministro de arrendamento de local destinado a almacén para a Brigada de Obras municipal, a consultoría e asistencia para a elaboración do Inventario municipal de bens do Concello, así como a adxudicación da obra "Afirmado de camiños en Carballo, Entrecruces e Cances".

O Goberno municipal decidiu aprobar o expediente de contratación da consultoría e a asistencia para a elaboración do Plan Especial de actuación para a accesibilidade no muncipio de Carballo (Plan municipal integral de accesibilidade), encadrado no marco do convenio de colaboracion entre o Imserso, a Fundación Once e o Concello.

Elixiuse como sistema de adxudicación o concurso por procedemento aberto e o prazo de execución para a realización e a entrega do plan establécese para o 15 de setembro de 2005.

Outros expedientes de contratación que foron aprobados pola Xunta de Goberno foron a adxudicación dun contrato de consultoría e asistencia para realizar a promoción e a formación do proxecto Interreg III "Turmas. Turismo e medio rural sostible", e outro para a realización dun traballo de asistencia téncia na acción "Axendas locais21", que se encadra no mesmo proxecto.

Compartir: