Inicio Carballo ao día Hemeroteca A mesa de contratación do proxecto de...

URBANISMO

A mesa de contratación do proxecto de reforma do mercado e aparcamento soterrado reúnese o xoves

Mércores 8 de novembro do 2006

A construcción do aparcamento afectaría a toda a praza, excepto aos espazos ocupados pola casa consistorial e xardín municipal. O edificio comercial previsto na reforma do mercado acometeríase a continuación. A empresa concesionaria disporía dun prazo de tres meses para a redacción del proyecto e logo dous anos para o remate dos traballos. Según establece o prego de condicións, o aparcamento soterrado disporía dun número mínimo de 500 prazas, unha altura mínima de 2,20 metros en toda a superficie e unha anchura mínima de cinco metros para os viais de circulación en dous sentidos. A mesa estará presidida polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, os concelleiros de Facenda, Urbanismo e Comercio, un representante do grupo municipal do PP, o arquitecto municipal, a interventora, o secretario do Concello, un técnico da área de Urbanismo e un funcionario que exercerá como secretario. Con voz, pero sen voto, participarán da mesa os delegados dos actuais concesionarios do mercado e do Centro Comercial Aberto.

Compartir: