PATRIMONIO
O Concello remitirá á delgación provincial de Cultura catro proxectos para a posta en valor de recursos patrimoniais
Martes 7 de novembro do 2006
Os proxectos xa foran remitidos no seu día e agora fanse coas correccións oportunas para conseguir o seu visto bo. O anteproxecto do Dolmen de Aldemunde recolle como proposta de actuación a corección dalgunhas das afeccións sofridas, como a limpeza de cascallo no interior da anta, a recolocación da lousa de cabeceira e a recolocación da tampa sobre a cámara, e a mellora da comprensión do monumento por parte coa delimitación dalgunhas áreas. O proxecto do Castro de Ouxas e o do Castro de Serantes contemplan a limpeza e retirada do mato vexetal, a mellora na identificación das estructuras e características e o plano de divulgación pedagóxica. No caso da Ponte Lubiáns, o proxecto recolle a limpeza e retirada do mato vexetal e o plano de divulgación pedagóxica. O anteproxecto do Dolmen de Aldemunde recolle un período de actuación de pouco máis de dous meses, mentres que os do Castro de Ouxas, Castro de Serantes e Ponte Lubiáns faríanse en 8, 6 e 5 días respectivamente.