Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Cámara da Coruña e o Concello de...

A Cámara da Coruña e o Concello de Carballo asinan un convenio para impulsar o emprendemento

Xoves 1 de decembro do 2022 Promoción Económica

Manuel Galdo e Evencio Ferrero selaron o acordo

Manuel Galdo e Evencio Ferrero selaron o acordo

O Concello de Carballo e a Cámara da Coruña veñen de asinar un convenio para impulsar o emprendemento utilizando como plataforma o viveiro de empresas do polígono de Bértoa. O alcalde, Evencio Ferrero, e o director xeral da Cámara, Manuel Galdo, ratificaron hoxe o acordo de colaboración nun acto celebrado na Alcaldía, ao que tamén asistiu o subdirector da Cámara, Carlos Fernández.

O viveiro de empresas actuará como incubadora de proxectos empresarias locais que pretendan asentarse no territorio e servirá como infraestrutura de apoio á creación e consolidación de pemes. Con ese obxectivo, porá a disposición dos/as emprendedores/as que sexan derivados dende a área de Promoción Económica servizos gratuítos de asesoramento, información, formación, etc... O Concello de Carballo achegará un máximo de 15.000 euros para o desenvolvemento do convenio.

No acto tamén participou Carlos Fernández, subdirector da Cámara

No acto tamén participou Carlos Fernández, subdirector da Cámara

Dende a súa posta en marcha no ano 2007, o viveiro da Cámara da Coruña ten acollido máis de 60 empresas e proxectos de diferentes sectores de actividade e serve como lanzadeira para que eses proxectos poidan dar o salto a instalacións propias no polígono. A ocupación media nos últimos anos sitúase entre o 70 e o 80%.

O viveiro está especialmente indicado para autónomos/as, emprendedores/as e empresas que inicien a súa actividade, que deste xeito poden minimizar os gastos de posta en marcha do negocio e establecer sinerxias co resto de usuarios/as das instalacións.

Compartir: