Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e o CCA editan o novo rueiro de...

TURISMO

O Concello e o CCA editan o novo rueiro de Carballo

Venres 3 de novembro do 2006

A intención do Concello é a de facer unha presenza masiva do rueiro na localidade, repartíndoo nos comercios e que estes o faciliten a todo aquel interesado en telo. Trátase de facilitar o acceso ao rueiro a todos os visitantes de Carballo.

O novo rueiro, ademais, inclúe as panadarías que contan coa marca Pan de Carballo. O concelleiro de Medio Ambiente e Mocidade, Manuel Pan, manifestou na presentación que co novo rueiro "preténdese cubrir un baleiro moi demandado pola cidadanía e entidades do concello. Detectamos as necesidades de que houbera un rueiro nos edificios públicos do Concello e o retraso na saída debeuse á apertura de novas vías e á recente aprobación de novos nomes para determinadas rúas".

A xerente do Centro Comercial Aberto, Mari Carmen Freire, engadiu que o rueiro era "un elemento moi demandado xa que Carballo conta, todos os días, coa visita de xente de fóra".

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou que "a todas as persoas que se dean de alta no Padrón Municipal tamén se lles fará entrega do rueiro. Este, ademais, engade algunhas cuestións pendentes, como a zona de autocaravanas e a Casa dos Oficios, que preferimos incluír para que non quedara desfasado en pouco tempo".

Compartir: