Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello destina 14.800 euros para subvencionar...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello destina 14.800 euros para subvencionar actividades relacionadas cos Servizos sociais

Venres 2 de setembro do 2005

As asociacións e colectivos beneficiados por estas axudas son Aspaber, con 6.010 euros, a Asociación Pro-enfermos mentales (Apem), que recibirá 1.200, Médicos do mundo obterá unha axuda de1.100 euros, á Fundación Monte do Gozo - Proxecto home Galicia destinaranse 700 euros, a asociación Ex-alcohólicos da Coruña contará con 900 euros, Afaber con 1.100 euros, o Centro social San Xoán Bautista recibirá 700 euros, Cáritas interparroquial Bergantiños, 500 euros, a asociación da Terceira idade San Xoán Bautista recibirá 500 euros, a Asociación galega de fibromialxia, obterá unha subvención de 700 euros, a Asociación contra el cáncer, 400 euros, o Íntegro (Asociación de minusválidos das comarcas de Bergantiños, Fisterra e Terra de Soneira) recibirá 400 euros, e Cruz Roja Española, 600 euros.

No acordo tomado pola Xunta de Goberno local, durante a súa sesión do 1 de setembro, especifícase que todas as entidades que perciban a subvención están obrigadas a presentar a xustificación no Rexistro Xeral do Concello de Carballo. O prazo para presentar a documentación remata o 20 de novembro de 2005.

Compartir: