Inicio Carballo ao día Hemeroteca Este domingo arrincará a temporada de...

Este domingo arrincará a temporada de bailes para maiores no Pazo da Cultura

Xoves 17 de novembro do 2022 Benestar

Despois da xira que vén de realizar o Dúo Marineda polos centros sociais de Ardaña, Noicela, Oza, Cances, Bértoa, Verdillo e Sofán, este domingo comezamos a temporada de bailes para maiores no Pazo da Cultura. Como viña sendo habitual ata a pandemia, haberá música todos os domingos de 18.00 a 21.00 horas. Este é o cartel de actuacións previstas ata o Nadal:

  • 20 de novembro: Dúo Veneguay
  • 27 de novembro: Dúo Élite
  • 4 de decembro: Rocío Pérez
  • 11 de decembro: Rocío Pérez

O 18 de decembro celebrarase o baile de Nadal, que pechará a programación deste ano. A Concellaría de Terceira Idade retomou en outubro as ansiadas tardes de baile para as persoas maiores, que estaban suspendidas dende o inicio da pandemia.

O Concello de Carballo ten en marcha un programa de envellecemento activo no que participan de xeito transversal varias concellarías, e que inclúe, ademais das sesións semanais de baile, un programa de exercicio físico específico para persoas maiores de 60 anos que se imparte en 12 parroquias; obradoiros para mellorar o manexo dos teléfonos móbiles que xa se realizaron en varias parroquias e comezarán nos próximos días tamén en Cances e Artes, e cursos de memoria que xa están en marcha nas parroquias de Carballo, Ardaña, Sísamo, Noicela, Lema, Razo, Verdillo e Sofán, ás que se sumará a de Cances a partir da semana que vén.

Compartir: