Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arrincou o programa de formación dirixido...

Arrincou o programa de formación dirixido a profesionais da hostalaría para axudarlles a afrontar os novos retos do sector

Constará de cinco sesións sobre optimización de menús, take away, delivery, atención ao cliente online e conservación de produtos

Xoves 10 de novembro do 2022 Promoción Económica

Miguel Silvarredonda e Emi Piedra

Miguel Silvarredonda e Emi Piedra

O concelleiro de Innovación, Formación e Emprego, Iván Andrade, abriu este luns no Fórum Carballo o programa formativo para a hostalaría, organizado polo Concello de Carballo coa intención de axudar ao sector a afrontar nas mellores condicións os retos que ten por diante o sector. Con ese obxectivo contaremos con tres grandes profesionais como Miguel Silvarredonda, colaborador en departamento de I+D en empresas alimentarias e docente de cociña; Alberto Falcón, experto en marketing, comunicación e formación, e Javi Mos, profesional cunha longa traxectoria en comunicación e marketing.

O concelleiro Iván Andrade abriu as xornadas formativas

O concelleiro Iván Andrade abriu as xornadas formativas

Na primeira sesión, sobre escandallo e optimización de menús, participaron unha vintena de profesionais. Miguel Silvarredonda estivo acompañado pola carballesa Emilia Piedra Iglesias, gañadora das Spain Skills 2022, máis coñecidas como as olimpiadas da formación profesional, na modalidade de cociña, o que a converte na mellor estudante de cociña de España.

Para os vindeiros días están programadas as seguintes accións formativas:

22 de novembro: Atención ao cliente online e whatsapp business

Nestes novos tempos é tan importante a boa atención presencial como a atención por medio de medios tecnolóxicos, e por iso nesta formación daranse a coñecer as ferramentas máis axeitadas para acadar ese obxectivo: Whatsapp, Messenger, E-mail marketing… Como usalas, tempos de resposta, solución de crises, e ademais atención nas redes sociais.
Imparte Alberto Falcón.

28 de novembro: Conservación de produto

Nos últimos anos saíron ao mercado novas tecnoloxías en materia de conservación, sobre todo en canto a envasado ao baleiro e os novos gases de conservación, sistemas de grande interese para mellorar a almacenaxe do produto e mesmo da chamada quinta gama.
Imparte Miguel Silvarredonda.

29 de novembro: Como prepararnos para o delivery

O mundo do take away, da comercialización por redes sociais e todas as canles de comunicación ligadas ao delivery teñen nestes momentos moita importancia para os establecementos hostaleiros e outros negocios que poden servir produtos para levar. Nesta proposta formativa queremos dar resposta a todas as dúbidas que poida ter un profesional á hora de abordar este importante paso a dar.
Imparte Javi Mos.

12 de decembro: Envases para take away

O take away ou comida para levar é un sector que está a sufrir grandes cambios nos últimos tempos e que vai experimentar aínda máis no futuro, xa que as novas normativas de residuos cero obrigarán a que os sobrantes das comidas se poidan levar para casa en boas condicións, así como á eliminación dos envases de plástico e os non reutilizables.

Ligazóns

Descargas

Compartir: