CULTURA
¡Ay Carmela! puxo o broche final a unha nova e exitosa celebración do FIOT
Xoves 2 de novembro do 2006
A organización do FIOT quere destacar o alto número de bonos e minibonos vendidos para o Festival e o masivo uso do servizo de reserva de entradas, que é significativo do grande interese dos espectadores. A alta valoración que os espectadores fan das obras ofrecidas débese a que a organización do FIOT apostou por compañías de prestixio e espectáculos de grande calidade, confirmada en todos os casos polo seu grande éxito de público e crítica nas carteleiras máis importantes de Galicia e España. Ademáis, o público do FIOT valora a diversidade de espectáculos, cos que se pretendía chegar a públicos diferentes e ofrecer aos epectadores máis fieis todo tipo de propostas.
As actividades paralelas celebráronse con grande éxito, ampliando a repercusión e proxección do FIOT. Foron moitos os que seguiron con interese a exposición Eles e nís, a presentación do nº 40 da Revista Galega de teatro, o Concurso Escolar Teatro lido, o VI Certame Galego de Dramatización de Monólogos Cómicos, o Teatro de Rúa, que ampliou a dous dúas a súa realización e que foi seguido por moitos espectadores, ou a concesión do premio Xoglar de Outono a Víctor Mosqueira.