XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Concedidas licenzas para a construción de tres novos edificios en Carballo
Luns 30 de outubro do 2006
Outros dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local foron a aprobación da certificación novena da obra Execución de edificación destinada a Escola Taller de Carballo Fase I e de seis autorizacións de pasaxes permanentes nas rúas de Manuel de Falla, do Muíño, do Río Anllóns, do Bosque, de Reus e da Vila de Cee. A Xunta de Goberno Local deu conta, igualmente, do convenio de incorporación do Concello de Carballo ao Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar.